domingo, 15 de xuño de 2014

Desfile Arde Lvcvs MMXIV


Pom pom pom, potopopom pom pom pom ...
Toca desfilar, señor@s!
Domingo, 15 de Xuño do 2014.


Tantos traballiños pagaron a pena.

Que guap@s todos!!

De maravilla desfilamos cos meniños á cabeza. Paso moderado tirando a amodo. Perfect.

Moi ben caracterizados todos (ca salvedade das gafas, jajajá, cas inventaran antes!)

Nen@s levando estandarte e fofuch@s a turnos, adult@s carretando co palio que daba moi boa sombriña, risas en bon rollo... tupendo todo.

As entradas pro Circo non chegaron a nada (máximo 118 entradas) e debiamos ser, non sei, unhos 150. Sen importancia algunha pois a entrada é de recordo a efectos da organización do Concello (Xuventude) que estaba máis que avisado e reservou sitio para todos.

E o Circo... jajajá. Menudo pollo non montamos!

Unha vez acomodados os meniños baixo o palio pra dares sombra...

Pasámolo teta!. O que nos rimos señores!. Todos con la Roja.. jajajajá, Chus Vilela ié mundial.

Nosa Deusa arengaba a Albeiros dende o micro e os actores viñeron saúdar ós nenos e a dar a nhoraboa a Anpa pola participación no espectáculo.

Nhoraboa o Concello porque este ano, sí, tivo ben.

Que non hai outr@s coma nós!!! ALBEEEEEEEIiiiiRÓS !!
HURRA!!

Fotos do Desfile Arde Lvcvs MMXIV




Conseguida tela abonda, (depois do susto inicial), patrocinio do Concello pese ós recortes (hip, hip), así que ... 
¡ a lucilas !!

Estas reuniós de coles e Concello collen solera cos anos, porque todos aprendemos de experiencias anteriores. De que vale vivir se non?,  jeje.  Bucles no!

I.- Adíántase en media hora a saída. Debemos acudir á Praza San Marcos ás 11.15 h. A Organización do Concello iranos colocando cun letreiro por cole; sómolo nº 10 ou buscai as cores coma sempre. 
O Desfile comeza as 12.00 h.

II.- Hase respetar ó ritmo do máis lento. Non hai apuro señor@s, é un desfile e vamos camiñar, que non pa guerra. Esto xa está conquistao. Jajajajajá... ou ... non?

III.- Numerado cada cole nun papeliño, e cada papeliño nunha urna, unha mau inocente foi sacando, un por un, a seguinte orde de desfile: (Democracia Romana)
  1. CPR LA INMACULADA
  2. CPR LA MILAGROSA
  3. CEIP LUIS PIMENTEL
  4. CEIP MENENDEZ PELAYO
  5. CPR MARIA AUXILIADORA
  6. CEIP PARADAI
  7. CEIP ROSALIA DE CASTRO
  8. CEIP SAGRADO CORAZON
  9. CEIP VIRXE DA SOIDADE
  10. CEIP ALBEIROS
  11. CEIP ANEXA
  12. CEIP AS MERCEDES
  13. CEIP A PONTE
  14. CPR CERVANTES
  15. CEIP CASÁS
  16. CPR DIVINO MAESTRO
  17. CPR DIVINA PASTORA-SALESIANOS
         Así que se algún chega xusto de tempo, xa sabe, ímos depois da Virxe da Soidade e antes ca Anexa.

IV.-  O Desfile remata, coma sempre, nun espectáculo de circo gratuito prós socios nas gradas das Costas do Parque. É un espectáculo novo. O Concello non dispón de video del, pero adxunta o seguinte enlace da web da empresa: 


Xa pouco me queda pra vervos no cole!! Snif

Sonia.

Ningún comentario: